Cantos amamos

Xosé Luís Mendez Ferrín


Cantos amamos encarnizadamente a pintura de Xosé Lodeiro sabemos cousas pavorosas, máis gardámolas. Agrupámonos entre nós; constituimos unha especie de secta; apenas falamos do fenómeno que nos une. Mesmamente, e cunha sorte de tácito convenio, eludimos falar da sua obra. Pro coido que é chegado o intre de rachar con este silencio autocentrado e egoista. E divulgar cousas coma ésta: a plastica de Lodeiro constituie un todo único e sen crebas, dende as orixes surrealistas da sua primeira mostra en Vigo até o día de hoxe en que o artista é poderoso monarca dun reino riquísimo, lúcido e complexo. De maneira que os enigmaticos crepúsculos incendiados nos que van sería percurar referencia ao home e a soedade absoluta pódeche desfacer o corazón; as malditas ciudades xeométricas que -sen permiso- eu teño poboado cos meus fantasmas particulares e que, quizaís prismáticas, ascenden dende a lámina da lagoa dos infernos; as figuras sen rostro contemplando o deserto, poseidas dun terror innominado; as masas ovoides, xenitaís, oscilantes que poden abrirse den docísimas fisuras; a axedrés intelectual da abatracción ardente; todo, todo integra unha mesma mensaxe que no cesa coma o lóstrego do lonxano amigo que perdemos antonte. Pido disculpas porque todo se me xunta na lembranza: o cegador machado de luz, bestial ondo os houbera; a tenra gradación dos azuis, cando aparecen; o carmín facendo a sua anxelical entrada nos cadros de Lodeiro; a gradación das secuencias sometidas a cálculos nos derradeiros (por agora) cadros. Intensidade que propende ao absoluto, á comunicación total. Teño escrito -e confírmome nelo- que a dinamita escura, a potencia sen límites, o poder esencial da clase obreira atopa a sua dimensión poética radical en Xosé Lodeiro. Agre, xenial, eiquí o tendes: incapaz de concesión, vivindo cada paso do lento ascender da nosa patria cara a independencia. Porque, mesmamente, un chamamento á libertade total é o que moitos de nós lemos nas suas series, no discurso co que cada mañán Lodeiro se revela no mundo. Hai tempo que eu levaba esto dentro e coido que convén ir decindo algunhas cousas.
Xosé Luís Mendez Ferrín